A Coruña en el 2030

15 ago A Coruña en el 2030

Hace dos años La Opinión de A Coruña publicó un reportaje sobre como creen que evolucionaría la ciudad en 15 años. Me pidieron igual que a otros deportistas, actores, escritores… escribir un artículo sobre como me imaginaba A Coruña en el 2030, y redacté el siguiente texto que hoy he recordado y me gustaría compartir con vosotros.

Os gusta mi imagen de A Coruña en 2030? Os lo imagináis? A mi me encantaría!!

A Coruña en 15 anos

Non sei como será A Coruña dentro de quince anos, pero o primeiro que me vén á cabeza para dar resposta a esta pregunta é pensar en como era quince anos atrás. Cambiou tanto a cidade dende o ano 2000?

Eu tiña dez anos pero lémbrome perfectamente de como era a nosa cidade naquel tempo. O porto deportivo do dique de abrigo, que era coma a miña segunda casa, era moi diferente do que é agora. O porto da dársena e O Parrote tamén cambiaron moito; recordo especialmente ese ano porque eu navegaba en Optimist e celebrouse o Campionato do Mundo no RCN Coruña. Foi un gran evento para toda a cidade e, para moitos nenos coma min, foi una oportunidade para achegarnos aos mellores do mundo e permitiu que os clubes mercaran barcos que a maioría seguen en funcionamento.

Nese ano tamén se inaugurou o obelisco Millennium, foi o mal das vacas tolas, o efecto 2000 e como non, o que lembramos todos é que o Depor gañou a Liga.
Agora ben, sufrirá A Coruña tantos cambios en quince anos? Mellorarán todos eles a cidade?

Ao meu parecer, é moi difícil contentar a todos os cidadáns despois dunha obra, polo que creo que haberá opinións de todo tipo. Pero eu voume centrar no aspecto que máis me toca, porque se teño que imaxinarme A Coruña en quince anos, vou imaxinala co que eu máis aprecio na vida e na cidade. O que máis aprecio na vida é a saúde, e creo que un dos retos da Coruña en 2030 podería ser mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns. Por outro lado, o que máis me gusta da cidade na que vivo é que está rodeada de mar. Vivimos nunha pequena península bañada polo océano Atlántico, somos un pobo mariñeiro e, aínda que é unha das cousas máis fermosas que temos, non a aproveitamos ao máximo.

Con estas dúas cousas imaxino A Coruña en quince anos coma unha cidade aberta ao mar, con amplas beirarrúas e zonas verdes que lle dean protagonismo aos peóns, e con zonas habilitadas para que os cidadáns poidan facer actividade física no centro da cidade. Vexo unido o paseo marítimo que rodea a cidade co paseo marítimo do Burgo.

Imaxinádesvolo?

Poderíamos pasear dende a presa de Cecebre, pasando pola desembocadura do río Mero na ría do Burgo ata ver o horizonte do océano Atlántico en Riazor, xa que penso que sería importante conectar a cidade co resto dos concellos da área metropolitana. Con esta unión, aparte de crear parques onde os rapaces poidan xogar ou os maiores practicar deportes, poderían conectarse os dous carrís bici que hai en cada paseo. Ademais, se se construíse un carril de bicicletas que atravesase a cidade polo medio, reduciríase o nivel de contaminación e moita xente podería usar a bici como único medio de transporte propio, como xa sucede nas grandes cidades europeas.
Que vos parece? Animádesvos a deixar o coche, levar unha vida saudábel e facer algo de exercicio físico cada día?

VÉMONOS EN 2030!!

 

Sin Comentarios

Lo sentimos, los comentarios están cerrados en este momento.

Comparte!