BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Sofía Toro - ECPv4.6.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Sofía Toro
X-ORIGINAL-URL:http://sofiatoro.com/gl
X-WR-CALDESC:Events for Sofía Toro
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC+0:20160923T200000
DTEND;TZID=UTC+0:20160923T220000
DTSTAMP:20260530T040944
CREATED:20160922T200030Z
LAST-MODIFIED:20160923T054754Z
UID:18730-1474660800-1474668000@sofiatoro.com
SUMMARY:Presentadora do festival "Mar de Mares"
DESCRIPTION:Sofía Toro será a encargada de presentar a conferencia EXXPEDITION impartida pola famosa Lucy Gilliam \n \nEn 2011\, Lucy Gilliam\, investigadora ambiental\, doutora en Ecoloxía Microbiolóxica e Ciencias do Solo\, experta navegante e activista infatigable a favor dos mares\, puxo en marcha\, xunto con Emily Penn\, o proxecto eXXpedition\, unha serie de travesías mariñas nun veleiro tripulado unicamente por mulleres\, co fin de facer visible o invisible; a polución plástica das augas e o seu efecto na saúde\, non só dos océanos\, senón tamén no noso corpo\, especialmente o das mulleres. Durante varias semanas\, 14 mulleres procedentes de campos tan distintos como a ciencia\, a arte\, o xornalismo ou a educación\, recollen datos cos que xeran material inspirador para lograr o compromiso da sociedade no coidado dos mares. eXXpedition lanzou sete viaxes polo Atlántico\, o Ártico ou o Caribe\, e xa se está preparando a aventura de 2017. Ven coñecer a Gilliam\, unha muller que foi capaz de xuntar ciencia\, navegación\, arte\, activismo e saúde nun proxecto liderado por mulleres. \nLucy Gilliam estará acompañada por Sofía Toro\, coruñesa campioa olímpica de vela en Londres 2012\, que será a encargada de presentar o acto. Ao finalizar a charla\, haberá unha quenda de preguntas e respostas. \nLucy Gilliam impartiu conferencias en universidades e institucións gobernamentais por todo o mundo\, é consultora en temas de medio ambiente e seguridade alimentaria e fundadora e directora de New Dawn Traders\, unha asociación de artistas e cociñeiros que traballan por lograr cambios no transporte de mercadorías mediante a navegación a vela. Cruzou o Atlántico dúas veces e representa a Universidade de Exeter no Campionato Universitario de Navegación a Vela. É a primeira vez que vén a España contar a súa experiencia como muller\, científica e activista a bordo desta expedición. \nhttp://festivalmardemares.org/portfolio/exxpedition-unha-aventura-de-mulleres-que-aman-o-mar/ \n  \nPara máis información sobre o festival podes descargarte este folleto na seguinte ligazón: Folleto festival Mar de Mares \n  \n  \n
URL:http://sofiatoro.com/gl/event/presentadora-festival-mar-mares/
LOCATION:A Coruña\, A Coruña\, España
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:http://sofiatoro.com/wp-content/uploads/2016/09/9803_arranca-el-festival-mar-de-mares-2015-que-este-ano-cuenta-con-la-colaboracion-de-sogama.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR