Patrocina

O PROXECTO

Despois de ganar os xogos Olímpicos de Londres, a modalidade na que navegaba deixou de ser olímpica (Match Race). Tomei a decisión de emprender un novo proxecto na clase 470. Estamos loitando para estar nos próximos xogos olímpicos e gustaríanos que nos axudásedes no noso camiño.

Participaremos nas probas do circuíto Eurosaf (España, Francia, Holanda, Italia e Alemaña), da World Cup (USA, UK, China e Australia) e nos campionatos de Europa e do Mundo.

Sofía Toro Sailing Team

Somos dúas deportistas de élite e formamos un equipo ganador, xove, experimentado e con moito futuro que compite arredor do mundo. Estamos loitando por estar nos próximos Xogos Olímpicos e gustaríanos que nos axudases no noso camiño.

O 470 é unha clase de embarcación á vela de dúas persoas, moi rápida e divertida. Foi deseñada por André Comu no 1963 e é olímpica desde o 1976 en homes e desde 1988 en mulleres. É a clase na que o deporte español colleitou máis éxitos.

¿Qué ofrecemos?

Propoñemos un acordo de colaboración na que o noso equipo poderá beneficiarse dos seus produtos e a aportación económica. A súa empresa conseguirá:

  • Prestixiar a súa marca gracias á asociación que se xera cos valores do noso equipo: somos deportista de élite e formamos un equipo ganador, xove, experimentado e con moito futuro.
  • Ganar publicidade e notoriedade mediática mediante a promoción e difusión positiva da súa marca en todos os adestramentos, competicións, actos, rodas de prensa, entrevistas, anuncios, etc.
    • Presencia do seu logotipo nos medios oficiais do equipo (barco, velas, equipamento, redes sociais e páxina web).
    • Dereito á denominación do equipo.
    • Patrocinador oficial nunha determinada competición.
  • Incorporar á deportista nas campañas de publicidade, de comunicación ou eventos das empresas patrocinadoras.
  • Reducións fiscais de acordo coa lei 34/1988 do 11 de novembro que permite un trato tributario propio de gastos deducibles aos gastos en patrocinio deportivo.

¿Cómo axudar?

Desenvolver unha actividade deportiva como esta, inmersa en multitude de competicións internacionais, require dos deportistas unha dedicación plena e exclusiva, con esixentes adestramentos diarios e continuos desprazamentos (dos membros do equipo e a embarcación por todo o mundo)

Patrocinio en especies

De empresas ou particulares que queiran colaborar con nos sufragando parte dos gastos do equipo cos seus produtos ou cos de terceiros: Viaxes (desprazamento, aloxamento, dietas), material (embarcación, velas, roupa de auga, cabos,..) ou outros recursos (adestrador, coche oficial…).

Patrocinio monetario

Para ambos tipos de patrocinio ou para calquera outra proposta que queiras facernos envíanos unha mensaxe a través da sección CONTACTA.

Xa confían en nos..

Share This