Sofía Toro quere consolidar o proxecto con vistas a Toquio

Category
470
Tags
470, Campeonato de España, TVG
About This Project

Sofía Toro fai un alto no camiño antes de retomar os adestramentos para o trofeo Princesa Sofia, unha das probas de vela máis prestixiosas do mundo. A medallista olímpica acaba de proclamarse campioa de España en 470 canda Ángela Pumariega. A de Valencia era a primeira competición oficial que disputaban xuntas.

“Levamos dous meses navegando xuntas e neste pouco tempo adestramos bastante. Estamos moi contentas porque non pensabamos que foramos estar ao nivel das nosas rivais en tan pouco tempo”, dixo.

Xuntas gañaron o ouro en Londres. Os seus camiños separáronse despois. Agora reeditan a unión coas miras postas en Toquio.

“De momento queda lonxe aínda que este proxecto está pensado para Toquio. Polo de agora queremos ir mellorando cousas, pero as dúas pensamos xa nesa cita”, conta.

“A progresión está sendo boísima. Dende o comezo vimos que temos moita complicidade. Queda moito por mellorar pero as sensacións non poden ser mellores”, engadiu.

Do Princesa Sofía, que se celebrará en Palma a finais deste mes, dependerá que entren a formar parte do equipo nacional. Entrementres, Sofía busca apoios económicos que axuden a manter a flote este novo proxecto.