Nacín un 19 de agosto de 1990 na cidade de A Coruña onde, desde moi nova, comecei a practicar diferentes deportes, unha paixón que gozo coa mesma ilusión que o primeiro día.
Aos 8 anos dei os meus primeiros pasos no mundo da vela na clase Optimist e formeime en diferentes disciplinas. No 2008, a modalidade Match Race femenino converteuse en disciplina olímpica, e teño a oportunidade de encarar, xunto con Támara Echegoyen o meu primeiro proxecto olímpico, ao que se uniría un ano máis tarde Ángela Pumariega.
No ano 2010 entramos no Equipo Olímpico Español, ganando o Campionato de España e o Campionato Iberoamericano. Un ano despois consolidamos a nosa melloría volvendo a ganar Campionato de España e o Campionato de Europa, pero non foi ata abril do 2012 cando logramos clasificarnos para os Xogos Olímpicos de Londres, despois dunha dura fase de selección.
Ganar os Xogos Olímpicos de Londres 2012 é o máis grande que vivín como deportista e esta experiencia acompañarame toda a vida. Foi a culminación de 4 anos de duro traballo en equipo e toda unha vida de amor polo deporte.
Un ano despois dos XXOO consigo proclamarme Campeona do Mundo de Match Race, xunto con Eva González, Lara Cacabelos, Mariana Lobato e por suposto Támara Echegoyen, obtendo o último título que nos quedaba por acadar na modalidade.
Nese mesmo ano comezo un novo proxecto na clase 470, para loitar pola clasificación para competir en Río 2016 e co obxectivo de loitar por Tokio 2020.
1º posto, Santander 2017
470
1º posto, Alacante 2017
470
2º posto, Vigo 2017
j-70
1º posto, Sanxenxo 2015
j-70
3º posto, Cádiz 2015
470
3º posto, Mallorca 2015
j-80
1º posto, Portimao 2015
470
Universidade da Coruña
2013
Infanta Cristina 2013
Deportista revelación
Real Orden del Mérito Deportivo
2013
Xunta de Galicia
2013
Grupo Correo Galego
2013
MUDEGA
2013
2º posto, Miami, USA
2012
3º puesto, Korea 2012
Match Race
RCN ACoruña
2012
Universidade da Coruña
2012
Comité Olímpico Español
2012
RCN A Coruña
2011
Vilagarcía 2011
Match Race
2º Posto, Alacante 2011
Match Race
Santander 2010
Match Race
Santander 2010
Match Race
3º Posto, Holanda 2010
Match Race