viagra generico en mexico donde puedo comprar zebeta en uruguay dj fraga viagra super slow el viagra crea discapacidad comprar urispas por internet comprar malegra dxt por internet

Pregón Festas de María Pita 2016

04 Ago Pregón Festas de María Pita 2016

-BOAS NOITES CORUÑESAS, CORUÑESES. GRAZAS POR ESTAR AQUÍ. BENVIDOS ÁS FESTAS DE MARÍA PITA 2016!

Chámome Sofía Toro Prieto-Puga. Son da Coruña. Nacín nesta cidade en 1990. En agosto, xusto á vez que se celebraban as festas de María Pita. Noutro agosto, mes festivo da miña cidade, gañei unha medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de Londres. Catro anos despois, hoxe, teño o enorme privilexio de ser a pregoeira de María Pita 2016.

Para min isto tamén é unha medalla que, ademais, é compartida con todos vós. Por iso, quero agradecer ó concello, que me dera esta oportunidade  e pensara en min, para estar aquí esta noite. Moitas grazas.

Nacín en agosto e na Coruña. Teño que facer fincapé neste dato, porque constrúe carácter. O mesmo que ten esta cidade. Son alegre, sociable, deportista e náutica. En definitiva, creo que son moi parecida, a todos os que de aquí somos. Son unha persoa comprometida coa Coruña, e estou orgullosa de levar o seu nome por todo o mundo, por todos os mares do mundo. Presumo de terra, de cultura, de gastronomía, da nosa lingua, das nosas rías, das nosas praias, da Torre de Hércules, da nosa historia, dos nosos ventos…

Non podo entender esta cidade, a nosa cidade, sen o mar. Como tampouco podo entender esta cidade sen as súas festas de agosto. Sen os concertos de María Pita, sen o Salón do Cómic, sen a Feira do Libro, sen as atraccións nos barrios…

As festas de agosto forman parte dos meus recordos dende nena.

¿Quen me ía a dicir que algún día eu recibiría o encargo de ser a pregoeira aquí, na Praza de María Pita, rodeada de tanta xente? É un soño feito realidade, un recoñecemento que me sinto obrigada a compartir con todos vos, e con moita xente especial.

Fai catro anos, vivín a mellor experiencia da miña vida, participando nos Xogos Olímpicos de Londres. Competir alí foi cumprir o meu soño, cumprir o soño de moita xente que se quedou polo camiño, compañeiros cos que comecei a navegar, adestradores que me ensinaron a navegar e a perfeccionar as miñas habilidades, amigos da miña infancia, a miña familia, compañeiras e rivais que adestraban con nos, o meu equipo… todas aquelas persoas que me acompañaron na miña vida deportiva, que comezou cando era moi pequena e que aínda hoxe practico coa mesma ilusión coa que o facía cando era unha cativa.

Pero sobre todo cumprín o soño que o meu irmán Jano e máis eu tiñamos dende cativos.

O noso soño era desfilar xuntos nos Xogos Olímpicos.

Aínda que el finalmente quedou ás portas da clasificación, o seu apoio incondicional durante os catro anos de preparación, foi sen dubida a razón pola que eu puiden superar a presión que tiña naqueles momentos, e a razón pola cal superei todas as adversidades para chegar ós Xogos Olímpicos.  Hoxe quero dicir GRAZAS JANO.

Cando volvín dos Xogos Olímpicos tras conseguir a medalla de Ouro, recibín moitísimas mostras de agarimo da miña cidade, e iso, non o esquecerei xamais. GRAZAS A CORUÑA.

Grazas polos vosos mensaxes, o voso apoio, as vosas felicitacións, cando volvín de Londres dinme conta da cantidade de xente que soñara con nós por acadar esa ansiosa medalla. E dinme conta da cantidade de xente que seguiu a nosa andadura polos Xogos Olímpicos e gozou con cada punto que conseguíamos. Sentín que por un intre, o meu deporte, a vela, foi seguido por miles de persoas que recordaran ese verán de 2012 , como aquel verán no que unha coruñesa, de aquí de toda a vida, unha rapaza de vinte e un anos, conseguiu por primeira vez xunto coas súas compañeiras escalar ata o máis alto do podio olímpico.

Grazas á Coruña e, por engadido, as súas xentes. Teño que recoñecer que o carácter orgulloso, humilde, e de superación dos veciños e veciñas desta cidade impregnoume dende pequena, e penso que foi determinante para poder afrontar retos como os que superei no mundo da vela. Tamén creo que Sofía Toro non tería chegado a onde chegou neste deporte se non tivese nacido aquí, nesta cidade Atlántica, onde todo está marcado polo mar que nos rodea, dende o carácter das súas xentes até as súas afeccións.

O mar na Coruña é moito máis que mar. O noso mar é cidade.  É o noso espello, un dos nosos maiores patrimonios.  O mar está presente en todos os ámbitos da vida dos coruñeses. O mar é traballo, é alegría, é reunión.. e tamén é deporte.

A Coruña é un lugar privilexiado para a práctica dos deportes náuticos, sabémolo aquí, pero tamén alén do mar. Non en van sabedes que nuns poucos días, coincidindo ademais con estas Festas de María Pita, regresará á cidade a Tall Ships Races, a Regata dos Grandes Veleiros, que traerá a esta cidade 35 embarcacións de gran tamaño procedentes de Europa e América con centros de tripulantes. A Tall Ships Races é xa toda unha tradición, un patrimonio desta cidade, gravado nos miolos de moitos e moitas de vós. Faime graza pensar que esta regata de grandes veleiros, coñecida en todo o mundo, volveu a retomar a súa ruta pola Coruña precisamente no verán de 1990, ese no que nacín eu, unha persoa cunha vida, coma vedes, ligada ao mar. Coma calquera outra veciña da Coruña.

Aproveitando que hoxe estou aquí, e que teño a honra de ser pregoira, quero pedirvos un favor:

Coidade o mar que nos rodea, o mar que nos fai ser quen somos.

Pensade, que ademais dun lugar de desfrute, para moitos e moitas de nós é un auténtico recinto deportivo.  Pero o máis importante é que é un ecosistema imprescindible para a vida, onde millóns de seres vivos loitan por sobrevivir entre o lixo que moitos arroxan na praia ou no mar. O mar non é un vertedoiro, e iso debemos recordalo. Quero recalcar a importancia do reciclaxe na recollida de lixo das nosas casas, o mundo produce innumerables de toneladas de residuos ó día, e ó final, todo acaba no mar… a única maneira que temos de coidar o que nos rodea, e reciclando.

Neste día tan importante para min, coincidindo co ano olímpico, quero facer un recoñecemento a todos os olímpicos, a todos os que pasaron, pelexaron e gozaron dunhas Olimpiadas, e a todos os que se preparan agora para os Xogos de Río.

Creo que debo, e debemos, recoñecer o traballo e o esforzo de todos os deportistas, españois, galegos e coruñeses. De agora e de antes.

Olímpicos como Andrés Díaz, que ao igual ca min, sabe que non se chega a ningunha parte sen esforzo, e que os sinsabores que un vive nunha carreira deportiva, coma na vida, só poderán ser entendidos para facernos máis fortes.

Os baches deben estar no noso camiño para aprender a saltalos, para saír deles. Por todo isto, tamén quero facer unha mención especial a un paisano como Javier Gómez Noya, un incrible deportista, un exemplo para todos e todas nós, que por unha lesión non poderá estar en Brasil este ano. Estou segura de que Javi sairá deste bache reconfortado, e que a pesar de perderse os próximos Xogos Olímpicos o seu espírito de superación permitiralle acadar máis logros.

Igual que reivindico a Andrés Díaz ou Javier Gómez Noya, e aos centos de deportistas que deu esta terra, tamén teño que facer fincapé especial nas nosas Marías Pitas do deporte.

A igualdade de homes e mulleres tamén debe estar presente no mundo deportivo.

Londres 2012, marcou un antes e un despois na historia das mulleres olímpicas do noso país, acadando 11 das 17 medallas conseguidas por España. E aínda así existen moitas desigualdades no noso mundo.

Dende aquí quero felicitar ó Dépor, que este ano estrea equipo feminino e dicirlle que oxalá recupere algún día os éxitos daquel equipo feminino que tivo hai tantos anos.  ¡Moita sorte chicas!

Tamén quero desexarlle sorte o atleta paralímpico coruñés Alberto Seoane, e o resto dos galegos que competiran nos Xogos Olímpicos e paralímpicos de Rio.

Eles son o exemplo de que esta é unha terra de deporte, onde non existen disciplinas minoritarias, e onde as bases se coidan con mimo. Son os encargados de seguir o camiño que marcaron antes moitos outros deportistas, con esforzo, e con moitas gañas, coma Andrés Díaz, David Cal, Teresa Portela, Támara Echegoyen ou coma min. Serán os e as encargadas de seguir a longa traxectoria deportiva de Galicia. E todos os que virán detrás.

Se me permitides, como estudante de Ciencias do deporte na Universidade da Coruña, deixádeme que vos de un consello:

O sedentarismo é un dos problemas máis importantes da nosa e das próximas xeracións, o exercicio físico é algo que non se debe practicar de maneira puntual, se non que debe acompañarnos ó longo da nosa vida.  Nunha cidade coma a nosa, con multitude de posibilidades para a practica deportiva, non existen escusas. A saúde é o noso ben máis prezado.

Se hoxe estou aquí, é grazas ao deporte.

Grazas o deporte, vivín multitude de experiencias na miña vida, viaxei por todo o mundo e coñecín a moitísima xente. Isto permitiume comprobar que cada vez a xente esta mais preparada. En todos os sentidos.

Howard Gardner famoso psicólogo que formulou a teoría das intelixencias múltiples, sinala que non existe unha intelixencia única no ser humano, senón unha diversidade de intelixencias que marcan as potencialidades e acentos significativos de cada individuo, trazados por as fortalezas e debilidades en toda una serie de escenarios de expansión da intelixencia. Cada persoa ten sete intelixencias ou habilidades cognoscitivas, e cada persoa desenvolve unhas más ca outras.

Por iso ánimo a tódolos xóvenes coruñeses a descubrir os vosas habilidades, a traballar por cumprir os vosos obxectivos e a desfrutar do camiño para cumprir os vosos soños.

Porque o verdadeiro éxito é o resultado directo da autosatisfacción de saber que fixemos todo o que estaba nas nosas mans para converternos no mellor que podemos chegar a ser.

Con esta filosofía estou segura, que podemos facer ca nosa cidade teña referentes en tódolos ámbitos, que estimulen as potencialidades individuais de cada un e que sirvan de exemplo para as novas xeracións.

Para rematar gustaríame recordarvos unha cita de Castelao que di:

O verdadeiro heroísmo consiste en converter os soños en realidade e as ideas en feitos.

Sen máis, quero dicirvos que desfrutedes das festas que outro ano máis iluminan a cidade e que aproveitedes todas as posibilidades de ocio que A Coruña nos ofrece. Anímovos a que representedes a famosa canción que caracteriza estas festas:

“Vivir na Coruña que bonito é, andar de parranda e dormir de pé”

Que comecen as festas de María Pita 2016!

Moitísimas grazas a todos!

 

01-08-16 Texto Pregón

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Share This