viagra muerte comprar cardizem en nueva york diferencia tadalafil levitra valor cialis en españa donde puedo comprar neoral en uruguay sumatriptan 100mg

Sofía Toro colabora nun vídeo para recaudar fondos a prol das persoas afectadas por dano cerebral

09 Abr Sofía Toro colabora nun vídeo para recaudar fondos a prol das persoas afectadas por dano cerebral

Breakfast Run Solidario con ADACECO

A iniciativa celébrase o 18 de abril, día previo á Maratón Atlántica Coruña 42, dentro do programa de eventos da mesma. A proba establece catro ritmos de carreira para que os grupos efectúen a súa entrada en liña de meta ao mesmo tempo

O I Breakfast Run solidario é unha carreira non competitiva que se celebra o 18 de abril, día previo á Maratón Atlántica Coruña42 dentro do programa de eventos da mesma.

A Coruña42, como os grandes maratóns, crea esta carreira para que, a xornada previa á súa celebración, os corredores teñan a súa oportunidade de prepararse para a competición á vez que participan nunha causa solidaria, a favor deADACECO (Asociación de Dano Cerebral Adquirido Coruña) que participa activamente no evento.

O Breakfast Run, co lema Corre con alma, establecerase con 4 ritmos de carreira -alto, medio, baixo e un de marcha para os membros de ADACECO- de forma que se crearán 4 grupos dirixidos, cada un, por un guía que marcará cada un dos ritmos, de forma de que todos efectúen a súa entrada en liña de meta ao mesmo tempo, de modo que na parte final do percorrido sómense os participantes da asociación para realizar a chegada conxunta.

A proba celebrarase ás 09.30 horas, con saída e chegada ao Parrote, e percorrido polo Paseo Marítimo en dirección á Torre de Hércules. A inscrición efectuarase a través da web www.championchipnorte.com cun custo “simbólico” de 1 euro para os participantes inscritos na Coruña42 e de 2 euros para o resto de corredores. O importe íntegro da inscrición doarase a ADACECO. O número de prazas está limitado a 750 participantes, con 50 prazas reservadas a membros da Asociación de Dano Cerebral Adquirido Coruña.

A entrega de dorsais e pulseiras realizarase en Exporunnig (Palexco) o venres 17 de abril, de 17.00 a 22.00 horas, e o sábado 18 no Parrote, de 08.00 a 09.00 horas. Ao termo da carreira existirá un espazo onde os participantes, poderán retirar un almorzo.

A iniciativa conta co apoio de rostros coñecidos como Marta Sánchez, Alberto Contador, Juan Domínguez, o Liceo, o Básquet Coruña, Xoel López, Vanessa Veiga, Pedro Nimo, Sofía Toro, Pepe Domingo Castaño, David Mouriz, Manolo Lama ou Paco González, que gravaron un vídeo de presentación ao que se pode acceder ao final do texto.

Polo que a organización atópase especialmente emocionada con este evento, unha novidade nesta edición de nosa maratón que ten a singularidade de asociarse a unha causa solidaria á vez que se converte nunha acción de integración de persoas con diversidade funcional e que conta co apoio de grandes deportistas e artistas que se prestaron voluntariamente a participar.

Asociación Galega de Dano Cerebral

http://www.fegadace.org/noticias/breakfast-run-solidario-con-adaceco

Tags:
,
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Share This